ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Castle combo. Un xogo de vintecinco minutos por partida. Temos un mercado con cartas boca arriba. Hai personaxes do castelo e na aldea. Vanse mercando cartas, poñendo na propia zona de xogo e acumulando puntos. Constrúese unha especie de rompe cabezas e ao final gaña o que reúne máis puntuación. A mesma casa Catchup games fixo no Nadal pasado o xogo do ano. Esta nova proposta é moi divertida. Pódese xogar a partir de nove anos.

É moi sinxelo de explicar e moi divertido. Cáprica cómics, a tenda de Fene, organiza para este sábado pola mañá e pola tarde un torneo de xogo de cartas Magic.Aínda se poden apuntar as persoas interesadas.
Na imaxe, Juanma Sánchez de Cáprica cómics.
Publica o teu comentario agora