Xogos para dous

Xogos para dous
20 de Marzo, 2025 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Xogos de mesa para dous. Recibiron un pulo a raíz da pandemia, hai cinco anos cando fomos confinados. Acaban de saír dous novos, pensados para maiores de dez anos que nos presentou Juanma Sánchez, da tenda Cáprica.

 

ESCOITA O PODCAST:

Señor dos Aneis. Duelo por la Tierra Media. Está baseado no 7 Wonders Duel que leva dez anos ocupando o primeiro posto das valoracións nunha páxina especializada, Board Game Geek, que é referente en xogos de mesa. 

Azuel-Duel é a segunda recomendación. Neste caso os xogadores compiten na decoración dos teitos do Pazo de Sintra. “Segundo o deseño que fagas vas ter máis ou menos puntos”, explica Juanma. 



 

Sociedade

Publica o teu comentario agora