Xogos valiosos

Xogos valiosos
17 de Outubro, 2024 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O xogo serve para desenvolver destrezas e habilidades na infancia. Dous xogos educativos presentou en Radio Fene Juanma Sánchez, da tenda Cáprica. 

ESCOITA O PODCAST:

Nenos e nenas maiores de dez anos poden traballar a destreza cun xogo que acaba de saír. Monkey Palace combina estratexia coa construción creativa con pezas de Lego. Brain Box dá nome a unha serie de xogos temáticos, sobre Ciencias ou Matemáticas, entre outras áreas, que se usa bastante nas aulas, segundo explicou Juanma Sánchez. Este xogo desafía a memoria e a capacidade de observación. Aconsellado para maiores de cinco anos. O xogador dispón de dez segundos para estudar unha carta e despois debe responder dez preguntas sobre ela. 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora