ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Houbo un tempo no que os xoguetes viñan de Maniños. Os irmáns Antonio e Manuel Otero Vila fundaron a empresa "Industrias Otero" no lugar da Armada. Ronchas, camións, cociñas, triciclos, patíns, costureiros, cabalos, cabás para os libros e moitos outros saian para Ferrol, Coruña pero tamén para Madrid, Barcelona ou Valencia. Agora moitos dos xoguetes que deixarán os Reis Magos na noite do luns nas casas da comarca proceden de China.

Coma todos os anos, as Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar visitarán Fene o luns, 5 de xaneiro, a poucas horas da noite máis máxica do ano. A cabalgata dos Reis Magos de Oriente sairá ás 17.30 horas do CCRD de Perlío (rúa San Salvador) e percorrerá a Avda. Marqués de Figueroa e a Avda. Naturais de Fene ata chegar á praza do alcalde Ramón Souto (a carón da Casa do Concello) onde recibirán aos nenos e nenas que queiran conversar con eles e transmitirlles os seus desexos.
O desfile contará este ano con 5 carrozas, un total de 32 paxes reais e o acompañamento da banda de gaitas Airiños de Fene, dun grupo de baile da escola Fusion Dance e animación. Unha vez finalizada a cabalgata, a Concellería de Cultura de Fene organiza unha festa infantil, baixo carpa, a carón da Casa do Concello, entre as 18.00 e as 20.00 horas. Ademais, como novidade, anúnciase unha chocolatada para nenos e nenas (ata esgotar existencias), coa colaboración da AC Tadetas e Asociación Veciñal de Magalofes.
Fotografía César Galdo. Reis Magos en San Sadurniño
Publica o teu comentario agora