Xoguetes para todos os fogares

Xoguetes para todos os fogares

15 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Asociación Cultural Borobó e da ONGD Contacto repartirán hoxe máis de douscentos xoguetes entre as familias con menos recursos do municipio boirense. O reparto realizarase na sede de Contacto a partires das seis da tarde.

A entidade cultural conseguiu recolectar máis de douscentos xoguetes durante a celebración, o pasado venres, do concerto “Xoguetes x música” a través das entradas en forma de xoguetes dos asistentes. Gracias ás actuacións de varios grupos da comarca —Lizard Crash, Little Stones e Belfastt acompañados de O Coro do Loreto— xunto coa banda Marcos Pin Jazz Quartet, conseguiuse atraer ao pub Ese/A Pousada das Ánimas a preto de douscentas persoas que pagaron un ou varios xoguetes como entrada e colaboraron así con esta causa. Todos aqueles interesados aínda están a tempo de entregar xoguetes na sede da ONGD Contacto, na rúa Principal Nº3, Edificio Polivalente de Cimadevila.

Sociedade