ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Kimba é unha gatiña xorda que agudizou outros sentidos para compensar a falta de ouvido. Aprendeu a controlar o entorno observando superficies nos que se reflicten as cousas, como a porta do forno. E aínda que ela non escoita, sabe que ruído facer para espertar á súa titora, segundo nos contou en Radio Fene a veterinaria etóloga Noemi Graña.
Kimba é unha gatiña xorda que ten sete anos. De maneira repentina empezou terlle medo á parella da súa titora. Un comportamento anómalo provocado por un problema de saúde, froito dunha inflamación que tiña no intestino. A dor producíalle medo, e cando teñen medo os animais vólvense cautelosos, parécelles que o entorno tórnase máis agresivo. Déronlle tratamento, pasoulle a dor e o medo desapareceu. Explica Noemi, que presentará este caso nun Congreso que celebra estes días en Zaragoza a Asociación de Veterinarios de pequenos animais de España.
Publica o teu comentario agora