Xorde en Fene unha nova xuntanza xenealóxica

Xorde en Fene unha nova xuntanza xenealóxica

12 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A parroquia de Barallobre acollerá o vindeiro 4 de xullo, coincindo coa conmemoración do 75 aniversario da inauguración do Monumento ao Camiñante Descoñecido, a terceira Xuntanza dos Barallobre. Máis de medio cento de persoas co apelido Barallobre procedentes de lugares tan diversos como León, Palencia, Cantabria, Madrid ou Andalucia, ademais de distintas partes de Galicia, participaron nas dúas primeiras edicións deste encontro co que se tenta

Ao redor de mil seiscentas persoas repartidas por toda España conservan o apelido Permui. Delas, unhas oitocentas residen na comarca de Ferrolterra, segundou explicou esta mañá a Radiofusión un dos impulsores do denominado “xantar dos Permui”. Meses atrás, Xose María Permui comezou a argallar –en colaboración con Carlos e Daniel Permui- a posibilidade de facer un encontro para “socializar” a esta grande familia.

O xantar dos Permui celebrarase o vindeiro domingo, 21 de xuño, no restaurante Casa Toñita da Capela. As persoas interesadas en participar deben facer un ingreso de 30 euros (para cubrir os custes do menú e a organización) nunha conta de Caixa Galicia.

A día de hoxe o número de inscritos ronda o cento pero aínda se pode apuntar máis xente, segundo Xose María Permui.

Sociedade