Xornada de convivencia entre escolares ordenses e de Carril

Xornada de convivencia entre escolares ordenses e de Carril

09 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O Alumnado de 4º da ESO do IES “Miguel Ángel González Estévez” de Carril visitou o pasado venres o municipio ordense para percorrer da man do IES Nº 1 de Ordes o Roteiro do Río Mercurín. Un roteiro que o Concello de Ordes, a través da concellería de Medio Ambiente, deseñou e acondicionou empregando materiais propios da zona, como madeira de carballo e de castiñeiros e sen aplicar produtos prexudiciais para o m

Os obxectivos desta actividade son:

-Convivir dous días falando en galego con rapaces e rapazas da costa, castelanfalantes. Un día en Ordes e outro en Vilagarcía de Arousa.
- Coñecer mellor o concello, as súas aldeas, a súa historia, a súa paisaxe, as súas xentes, a súa lingua, ...

- Facer unha ruta de sendeirismo. Trátase do Roteiro do río Mercurín, no concello de Ordes. 

No acto participaron o coordinador da actividade, o profesor do IES Nº1 Antón Bravo, xunto con outros profesores dos dous centros e o edil de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, quen explicou que "se trata dunha dinámica de grupos para desenvolver habilidades sociais de comunicación ao tempo que os escolares disfrutan da riqueza natural da nosa vila e adoptan hábitos de vida saudables".

O Roteiro do Río Mercurín ten unha extensión de 15 qm que se poden realizar nunhas catro horas e media. Parte do muíño do Campo da Feira, onde se atopa un panel interpretativo da ruta. Entre os seus principais atractivos figuran a fraga de Tralorrío e tamén os muíños.

Sociedade