Xornadas gastronómicas multiculturais no Colexio de Primaria de Redondela

Xornadas gastronómicas multiculturais no Colexio de Primaria de Redondela

21 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Asociación de Nais e Pais “Ernestina Otero”, vai desenvolver os días 22, 23 e 24 unhas Xornadas Gastronómicas Multiculturais, co obxectivo de achegarse dun xeito diferente a outras culturas e nacionalidades presentes no colexio.

Dende a asociación de nais e pais perseguen con este tipo de actividades fomentar o coñecemento mutuo doutros países que teñen presenza no centro escolar (Arxentina, México, Marrocos, Alemaña, EE.UU, China, Irak, República Dominicada, Colombia, Suiza) actuando cara a unha maior integración tanto do alumnado como das propias familias e asumindo así con normalidade un proceso iniciado hai xa varios anos: a chegada de familias e alumnado procedentes doutras partes do mundo.

 

A actividade en si consistirá na realización de menús e pratos típicos de cada país. Os nenos acompañados polos seus profesores realizarán a degustación na entrada do centro. Os pais e nais tamén poderán degustar estes menús ás dúas da tarde. As Xornadas comezan mañá cons pratos típicos de Arxentina e México, o xoves o protagonistas será a comida procedente de Marrocos e xa o venres os países convidados serán Alemaña e EE.UU.

Sociedade