A Xornadas Literarias de Neda descúbrennos a Pessoa

A Xornadas Literarias de Neda descúbrennos a Pessoa

20 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O poeta portugués, Fernando Pessoa (1888-1935), centra este ano as VIII Xornadas Literarias do concello de Neda que se celebran do 21 ao 23 de abril, na Casa da Cultura. Contan coa colaboración da Universidade da Coruña e con expeertos na obra de Pessoa como Elías Torres e Carlos Quiroga da Universidade de Santiago.

O Decano de Humanidades, Manuel Recuero, e o alcalde de Neda, Ignacio Cabezón, inauguran as Xornadas Literarias o mércores 21, ás 8  da tarde na Facultade de Humanidades. A conferencia inaugural “ Pessoa sem máscaras”corresponderá ao profesor da Universidade Nova de Lisboa, Fernando Manuel Cabral Martíns.

O xoves e venres as xornadas discurrirán xa na Casa da Cultura de Neda coa intervención, o primeiro dia,  de alumnos-as do IES Fernando Esquío e a intervención de Fernando Cabral e Elías Torres para falar sobre o reflexo da paixón de Pessoa pola vida na sua obra. “Pessoa, vale a pena Viver!

O venres ás 7 na Casa da Cultura de Neda péchanse as VIII Xornadas cunha mesa coloquio sobre Pessoa e o cinema. Participan José Manuel Sande, do CGAI, Carlos Quiroga e Carlos Figueras. Unha mostra bibliográfica e outras actividades relacionadas co cine e a musica discurrirán paralelas ás conferencias. 

Sociedade