Xosé Díaz ingresa na Academia Galega de Belas Artes

Xosé Díaz ingresa na Academia Galega de Belas Artes

27 de Xaneiro, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Sada

Xosé Díaz Arias de Castro ingresa na Academia Galega de Belas Artes como membro numerario na sección de artes da imaxe. Pronunciará o seu discurso nun acto de recepción pública que se celebrará o sábado-30 na Fundación Luis Seoane. O deseñador pronunciará o seu discurso de ingreso, titulado “Enriquecer ao mundo coa nosa diferenza. Contribución de Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo ao deseño galego do

Xosé Díaz Arias de Castro (A Coruña. 1949)

Naceu na Coruña en 1949. É fillo do artista Isaac Díaz Pardo, fundador e alma mater do grupo Sargadelos, e Carmen Arias de Castro. Iniciou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, que abandonou para dedicarse á gráfica, conseguindo o título de deseñador gráfico profesional polo Bureau of European Designers Association da Unión Europea. Foi alumno do pintor galego Luís Seoane, con quen adquiriu os coñecementos de deseño gráfico e industrial para converterse nun dos mellores deseñadores gráficos de Galicia, ademais de dedicarse á pintura. Obras súas foron seleccionadas en mostras de Madrid, Londres ou Nova Iork. Asimesmo é autor de comisariados de exposicións sobre arte e deseño.

En 1995 constituíu a empresa especializada en deseño editorial, identidade corportativa e espazos expositivos Imago Mundi Deseño. Xosé Díaz foi o primeiro director da Fundación Luis Seoane, onde actualmente ocupa o cargo de vicepresidente. É presidente da Fundación Sargadelos e director do Laboratorio de Formas de Galicia.

Sociedade