Xosé Fernández Ferreiro: “Hai mulleres que merecen entrar na Academia, pero non hai sitio para todos”

Xosé Fernández Ferreiro: “Hai mulleres que merecen entrar na Academia, pero non hai sitio para todos”

12 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

“É un lío”, responde Xosé Fernández Ferreiro cando se lle pregunta polo equilibrio de sexos na Real Academia Galega. Este xornalista e escritor, que ocupará a vacante deixada na institución polo finado Francisco Fernández del Riego, asegura que non sabe “se as mulleres están pouco ou moi representadas” na RAG. “Hai mulleres que merecen entrar, pero tamén hai ho

O novo académico, nado en 1931 en Nogueira de Ramuín e membro do grupo Brais Pinto, significouse como un pioneiro en achegar a literatura galega a xéneros como o western ou a ciencia ficción. Na súa opinión, aínda quedan camiños sen percorrer nas nosas letras. “O escritor é moi cómodo”, afirma.

O autor de A morte de Frank González baralla varias ideas para o seu discurso de aceptación, aínda que ten pensado que sexa un texto curto porque, afirma, “a xente non está para moitos discursos”. Arestora, matina sobre se relatar as súas vivencias en Ourense canda grandes figuras como Risco, Pedrayo ou Cuevillas.

Verbo da súa produción literaria, confesa que ten dúas obras no ordenador, mais, modesto, asegura que non sabe se teñen interese. Unha componse duns textos próximos ao “surrealismo”, e a outra recompila cantigas de afiador da súa vila natal. “Brais Pinto era un afiador, e se cadra ese afiador era eu”, lembra Fernández Ferreiro, quen bautizou aquela xeración na que militaba tamén Xosé Luís Méndez Ferrín, precisamente quen o anima a que dea ao prelo os seus proxectos.

Sociedade