ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A banda Xosé Lois Romero&Aliboria iniciará neste mes de xuño a xira de presentación do seu primeiro traballo discográfico con concertos en Vigo, Sada, Santiago, Lugo e Boiro. O álbum, que leva por título o nome do propio grupo, achega un feixe de cantos tradicionais pasado polo filtro desta formación que pretende provocar unha revo
O percusionista Xosé Lois Romero leva anos mergullado no proxecto Aliboria xunto a un grupo de nove músicos xa consolidados no eido do folclore que atoparon en Romero novos camiños para seguir traballando, e que, tras anos de formación, dan un paso adiante para se converteren en compañeiros de grupo. Así, Alejandra Montero, María Montero, Andrea Montero, Mariana Montero, Cristina Sánchez, Ramón Dopico, Antonio Prado, Jorge García e Cristina Pico conforman Aliboria.
Este primeiro disco da banda preséntasenos nun estoxo orixinal e cun deseño moi coidado no que o repertorio se divide en nove pistas, nas que se mesturan temas tradicionais individuais con outras a xeito de suites nas que se inclúen varias pezas tradicionais dun lugar concreto da xeografía galega. Lugares como Toutón, Seixedos ou Gargamala, que son centros referenciais da recollida e da investigación da música tradicional galega. Así, no disco pódense tamén escoitar temas tan coñecidos como Olvídame ou Xota do Caroi pasados pola reinterpretación de Aliboria, na que se combinan as tímbricas de diversos instrumentos para crear novos patróns rítmicos. Ademais, o disco inclúe no seu libreto un coidado manual ilustrado do uso de diferentes instrumentos de percusións realizados pola deseñadora Lucía Rolle.
Xosé Lois Romero acompañado polos nove integrantes da formación, subirán ao escenario da ETRAD (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional) de Vigo o mércores 8 de xuño ás 20.30 horas, o 10 de xuño actuarán en Sada, no Auditorio de Sargadelos, o 17 de xuño estarán na Sala Malatesta (antiga Sala Nasa) de Santiago de Compostela e o 19 no Miramar de Boiro en sesión vermú.