Xosé Luís Franco Grande: “A cultura galega non poder estar sometida nunca a liortas políticas”.

Xosé Luís Franco Grande: “A cultura galega non poder estar sometida nunca a liortas políticas”.

13 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Nacín co Frente Popular”, rememora o poeta, xornalista, ensaísta e avogado Xosé Luís Franco Grande, que veu ao mundo en febreiro do ano 1936 na parroquia de Tebra, no municipio pontevedrés de Tomiño. O Concello acordou nomealo Fillo Predilecto da vila, distinción que recibirá rodado de amigos, veciños e outros persoeiros das letras galegas nunha homenaxe programada para mañá sábado. “Agradezo que fose de x

“Está escrito que se vivira nun país civilizado, eu estaría nunha esquerda liberal”, posiciónase Xosé Luís Franco Grande, sempre analítico e crítico coas estruturas do poder. Coñecido polo poemario “Entre o si e o non” que lle valeu o Premio Nacional de Literatura, a el débese a tradución ao galego do himno “Venceremos nós”, símbolo dos estudantes revoltados en Santiago no ano 1968 e que tamén se adoptou para o movemento 15-M. Di non saber se desta volta haberá vitoria, pero si pensa que “calquera cousa pode ocorrer” por mor da “política torpe e estúpida de Merkel e Sarkozy que seguen os señores deste país”.

Franco Grande, que traballou 30 anos como asesor xurídico da Caixa de Aforros de Vigo, ve cunha “tristura inmensa” a desaparición das entidades financeiras galegas, que cualifica de “desfeita”. “Fomos enganados por todos, láiase”. Coida que na política actual falta “madurez” e por iso festexa que o seu nomeamento como fillo predilecto de Tomiño chegue tralo consenso dos grupos locais.

Verbo da súa traxectoria no eido cultural, atribúe boa parte dos seus traballos e proxectos a que “eran tempos difíciles”. Na educación da posguerra “Galicia era como se non existira, non se falaba de cultura galega” e a obra de Rosalía merecía “catro liñas” no bacharelato. Diante dese panorama, e animado por aqueles que o consideraban “disciplinado”, sacou adiante obras como o “Dicionario Galego-Castelán” do ano 1968 editado por Galaxia. “Puxéronme a pistola no peito”, chancea, e confesa que fixo tarefas polas que “non tiña menor interese” porque resultaba “indispensable”.

Cultura