Xosé Manuel Pérez Bouza (BNG): “Non se pode censar extraterrestes en plan okupa como fixeron con Prado Verdeal en Xinzo”

Xosé Manuel Pérez Bouza (BNG): “Non se pode censar extraterrestes en plan okupa como fixeron con Prado Verdeal en Xinzo”

03 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Como se houbese unha poboación flotante que devece por mudar de vila cando se aproximan as convocatorias electorais, centos de veciños  empadróanse noutros concellos diferentes aos seus poucos meses antes dos comicios. A Oficina do Censo sospeita que parte desas mudanzas fanse por interese política, para concentrar fieis dun partido no municipio no que se precisan os seus votos. Dos 121 padróns de concellos sometidos á consideración da Xunta Electoral Ce

Pérez Bouza asegura que o responsable da “fraude electoral” é o rexedor Antonio Pérez, do Partido Popular, e pídelle que sexa “valente” para recoñecelo “como o é para facer trampas”. Non obstante, mantén que hai unha estratexia ordenada polo presidente da Deputación Provincial, José Luís Baltar, quen lle pide aos seus alcaldes “que fagan o que sexa para non perder o poder”. “O que non pode ser é censar extraterrestres e facelo en plan okupa como fixeron con Prado Verdeal”, denuncia.

O senador nacionalista refírese ao ex delegado de Medio Ambiente e militante do PP Agustín Prado, cuxa tarxeta censal, canda a doutros catro familiares foi enviada a unha vivenda da que é propietario, casualmente, un militante do BNG local. Este informou do acontecido e así xurdiu a denuncia, coa que Pérez Bouza agarda que se abra unha investigación e “de xeito cautelar se volva o padrón a anterior situación”, coas 122 persoas das que se dubida retornado ao censo do seu concello de orixe. Mesmo relata un paradoxo: no caso de que se mantivese ao político popular censado no domicilio rexistrado polo Concello, se o auténtico titular da vivenda, que a mantén baleira, se quixera censar nela teríalle que pedir permiso a Prado Verdeal.

As acusacións do Bloque foron rexeitadas polo alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, quen atribuíu o caso do militante do PP a un erro informático. Ademais, acusou a Xosé Manuel Pérez Bouza de incorrer el mesmo en irregularidades por estar censado en Porqueira cando adoita residir na parroquia de A Valenzá, no municipio de Barbadás. O senador retruca que “hai diferenza: eu son de Porqueira, teño casa alí e son concelleiro”, recoñecendo que alterna esa residencia coa outra localidade ourensá e con Madrid, a onde viaxa para atender as súas obrigas na Cámara Alta. Pola contra, no caso do polémico novo veciño de Xinzo, este “non ten que ver coa vila, ninguén o coñece, e non ten outra relación máis que cun empresario, o que xa levantara sospeitas no seu día”, conclúe.

Institucional