Xosé Manuel Sánchez Aguión: “As liñas do recorte superan con moito as liñas de ingreso fiscal”

Xosé Manuel Sánchez Aguión: “As liñas do recorte superan con moito as liñas de ingreso fiscal”

02 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Claramente insuficiente”. Así despacha o secretario xeral de Comisións Obreiras-Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión, o impacto que pode ter o paquete de reformas aprobado polo Consello de Ministros e que inclúe unha revisión profunda do réxime fiscal. Porén, o Goberno estase a trabucar de obxectivo porque o propósito debera ser “que paguen máis os que máis teñen”. O líder sindical denun

Os servizos públicos son os que “garanten a equidade, a xustiza social e os niveis máis básicos de protección”, explica Sánchez Aguión, salientando que o seu recorte “empobrece ao conxunto da sociedade”. Por iso láiase de que se estea a depauperar a imaxe dos funcionarios co conivencia do Goberno e dos sectores privado e financeiro que aproveitan a crise para facerse cos recursos públicos, o cal é unha “vella e histórica reivindicación súa”, asegura. O secretario xeral de Comisións Obreiras pide que a sociedade reflexione porque, no caso contrario acabarannos facendo pasar ao conxunto dos cidadáns por “responsables da situación”. Un traballo estable e con dereitos é un dereito e “non un privilexio”, pero de maneira interesa os poderes privado intentan crear “o mundo ao revés”, critica.

A gran tesoirada que vén de decretar o novo Executivo central do Partido Popular correspóndese en parte co axuste “que xa se vén facendo en Galicia os últimos dous anos”. “É algo que temos adiantado, pero desbotamos que se siga por ese camiño equivocado”, responde Sánchez Aguión, animando á Xunta a que empregue os seus propios mecanismos fiscais non só para retallar, senón para “actuar nos ingresos”. Na mesma liña, sostén que a reforma fiscal que Comisións Obreiras defende para resolver o déficit do Estado diverxe da formulada por Mariano Rajoy que vai recadar menos do preciso e a costa das rendas dos traballadores. Non se actuou “nos impostos dos máis ricos, no de sociedades, nin nas SICAVS”, acusa, prognosticando que “mentres non se recade máis do que se recorta vaise seguir na liña do recorte”.

Sociedade