ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Un dos bancos do Monumento ao Camiñante Descoñecido de Barallobre en Fene leva o nome do escritor Xosé Neira Vilas. O autor de Memorias dun neno labrego transcribiu as vivencias de numerosos mariñeiros de Redes, Caamouco, Limodre e Ares emigrados en Cuba. Agora publica un novo feixe de crónicas no libro denominado “Arredor do mundo”.
Xosé Neira Vilas recopila neste volume un cento de artigos con outros tantos temas e acontecementos que ocorren no mundo que tripamos, nese chisco do mundo que se chama Galicia. Consigue engaiolar ao lector cunha prosa purísima e ben traballada, tan característica dun clásico vivo da nosa literatura.