Xosé Pena, o cociñeiro de Mussolini

Xosé Pena, o cociñeiro de Mussolini

07 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Era un bazuncho, un bulto de carne con ollos. Máis ca home semellaba un elefante. Ou mellor sería comparalo cun xabarín, un porco bravo. Sí, a comparanza vaille ben porque miraba sempre con receo, de través, por debaixo das orellas. Tiña medo. Este superhome dos camisas negras era un cagarolas. Por veces fuxía, escondíase  e ninguén sabía del. Disque se pechaba nun cuarto, onde estaba só horas ehoras. Para min que ventaba o qu

Quen fala así é Xosé Pena, o capitán Marabilla de Limodre (Fene A Coruña) que en 1923 fixo de cociñeiro de Mussolini, segundo relata Xosé Neira Vilas no libro Galegos no Golfo de México. Neira Vilas conserva na súa casa de Cuba uns 2000 folios coas memorias autobiográficas de Pena, que faleceu na Habana na década dos 80.

Sociedade