Xosé Venres Gallego Viqueira

Xosé Venres Gallego Viqueira
29 de Xuño, 2025 - 12:10 h. | Publicada por Radiofusión

Xosé, que chaman Xosé Venres, inda que naceu un martes, chaman Xosé Venres, Xosé Venres Gallego Pedreira, teu padriño, meu home, sempre sentado ao pé da lareira,

ESCOITA O PODCAST:
Fotografia Xan Xe

No mesmo día de abril de 2010 aparecen dous cadáveres en lugares moi distintos. Trátanse do de Ramiro Gallego Tenreiro, que descobren no cemiterio de San Epitafio, un caso do que se ocupará o comisario Sánchez Pereiro, xa xubilado, e o de dun delincuente, “O Globero”, que localizan enterrado nun descampado do barrio de Eirís, un crime que lle toca resolver á súa filla Clara nada máis incorporase ao Corpo de Policía. Mentres tanto, Gustavo, o fillo de Ramiro, entrega a Pereiro unha serie de
gravacións por María Dominga, a madriña, que recollen, mediante infinidade de contos e de cantos, non só a vida daquela muller senón a dos membros da súa familia, entre os que o investigador sospeita que se atopa o criminal. E esta, a incorporación sorprendente da voz da madriña, xunto ao xurdimento inesperado da maxia verbal de Carlos Oroza, son dúas das maiores peculiaridades desta obra, a quinta e última entrega da serie Sánchez Pereiro, á que, nesta ocasión, sen perder o seu carácter
narrativo, se lle dá especial relevancia á poesía e aos formatos multimedia.

 

Retrato dos personaxes da árbore xenealóxica familiar da novela "Madriña" de Antonio Tizón, que se publicará a finais de 2025. Voz de Manuel Torrente. Fotografía Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora