ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O colexio A Xunqueira de San Valentín celebra os 25 anos de vida e quere celebralo cunha festa aberta a todas as persoas que neste tempo pasaron polo colexio deste barrio fenés. O venres celebran unha festa de portas abertas, dende as 4 ás 8 da tarde, na que haberá musica, obradoiros, merenda e tarta de cumpreanos.
Radiofusión reuniu esta mañán nos seus estudios a diferentes persoas que participaron activamente na constitución deste centro escolar, mestres, pais, o actual director e o que era alcalde naqueles anos, Xose Mª Rivera.
Rivera Arnoso lembrou as dificultades ás que se enfrentaron para a construcción do centro, inaugurado no ano 1984. O lugar escollido para a ubicación estaba afectado por Costas e isto creou un problema legal que lle custou ao alcalde un expediente ao que aludía esta mañán. A movilización popular conseguiu que se sobreseíse a denuncia e que o centro abrise as suas portas finalmente.
O barrio de San valentín apareceu de repente á beira do Asteleiro, con parellas novas en idade de procrear, e Fene non dispuña de escolas para acoller tal poboación infantil. Así que primeiro apañáronse abrindo aulas nos baixos dos bloques de vivendas. A primeira APA daqueles anos, na que estaba Francisco Balado, ocupabase de solventar todolos problemas, mesmo de pedir aos profesores sustitutos.
Como membro da actual ANPA, Antonio Vidal, celebraba que o venres vaia ser un dia de encontro e de recordos.
Hoxe en día o centro da Xunqueira ten 385 alumnos e 42 profesores dos que 11 se manteñen dende o principio. O actual director, Ricardo Agulló, foi o encargado de contarnos esta mañán en qué consistirá a festa de aniversario. No exterior do colexio desenvovleranse obradoiros, cóntase coas actuacións da Banda Airiños de Fene e do grupo musical formado no colexio "Os Chonis" e o xamón asado repartirase entre os participantes.Para o final degustarase a tarta de cumpreanos.
Dous membros do primeiro Consello Escolar da Xunqueira, Xosé María Permuy como pai, e Antonio Orozco, como pai ou como representante municipal, destacaron na Fenestra esta mañán que naqueles anos 80 a ilusión era moita e o colexio e a sociedade, o seu entorno, estaban moi unidos.
Este venres dia 19 será a festa de aniversario, do 25 aniversario, do centro A Xunqueira.