A Xunta aplicará o copago hospitalario dende o 1 de outubro

A Xunta aplicará o copago hospitalario dende o 1 de outubro

25 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Tamén en Galicia, os enfermos graves ou crónicos deberán aboar un 10 por cento do prezo dos medicamentos dispensados en hospitais, ata unha achega máxima de 4,20 euros por envase, sexan persoas en activo ou pensionistas. A medida aplicaráse dende o 1 de outubro.

A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, afirmou no Parlamento de Galicia, que non se pode "incumprir a lei" estatal relativa ao novo copagamento nos fármacos de dispensa hospitalaria, ao tempo que sinalou que a "achega" que deben facer os pacientes crónicos é "do 10 por cento" do custo da súa medicación.  Na súa comparecencia ante a Cámara a petición propia, a conselleira escoitou as críticas, especialmente de PSdeG e BNG, sobre este novo "repagamento" e replicou que "non é este o Gobierno que puxo en marcha esta medida".  Con todo, ante a petición da deputada do Bloque Montse Prado de que "non se aplique en Galicia" este copagamento toda vez que "xa hai comunidades gobernadas" polo PP que xa manifestaron a súa intención de non a aplicar", Mosquera rexeitou "incumprir a lei". "¡Non son aspirinas nin medicinas para unha pequena dor, senón para enfermidades graves, como cancro ou hepatite C!", exclamou a nacionalista, quen considerou que esta opción "indigna, inhumana e inxusta retrata" o Goberno que a aproba. Porén, na súa réplica Mosquera fixo fincapé en que a competencia sobre a prestación sanitaria "non está transferida" a Galicia e en que foi o ministerio do ramo o que decidiu introducir este tipo de medicamentos na categoría "de achega reducida".

Sociedade