ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe definitivamente o proxecto sectorial do parque eólico A Valiña, no concello das Pontes (A Coruña). Este proxecto, promovido pola empresa Eólicos del Noroeste S.L, prevé a instalación de oito aeroxeradores, que contarán cunha potencia de 6,8 MW.
Ademais, a infraestrutura comporase de oito centros de transformación xunto coas liñas de media tensión subterráneas que servirán para a evacuación da enerxía. O parque eólico A Valiña conta cun orzamento total de 4.511.978,17 producirá anualmente ao redor de 18.612 MWh. Con este acordo ponse fin a oito anos de tramitación, desde que en xuño do ano 2001 a sociedade Eólica del Noroeste, S.L solicitou a autorización administrativa das instalacións eólicas respectivas. A aprobación responde á proposta realizada desde a Consellería de Economía e Industria.