A Xunta aproba a Lei de Disciplina Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira co apoio do PSdeG

A Xunta aproba a Lei de Disciplina Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira co apoio do PSdeG

14 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Partido Socialista apoiou a Lei de Disciplina Orzamentaria e Sostenibilidade Financeira presentada pola Xunta, deixando só ao BNG na súa oposición a norma ideada polos populares para crear un teito no gasto público e que ficou aprobada esta mañá no Parlamento. Así as cousas e dende os presupostos de 2012 en adiante, tanto a administración vixente como as que a releven verán limitada a súa capacidade de gasto ca

O Executivo de Alberto Núñez Feijóo presentou a lei como un freo para que ningún Goberno viva "por enriba das súas posibilidades". O texto deixa en mans do Parlamento a autorización do teito de gasto e establece mecanismos de "esixencia de responsabilidades" polo incumprimento das obrigas financeiras. A facenda pública galega tería aforrado mil millóns de euros nos últimos anos aplicando estas restricións, asegura a Xunta. Coa norma xa aprobada, a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, salientou que é pioneira en todo o Estado. Ademais, teimou na tese de que a medida protexerá a economía fronte ás etapas de crise, acusando ao goberno precedente de deixarlle unha mala herdanza contable. 

Durante o debate no Pazo do Hórreo, o deputado nacionalista Fernando Blanco xustificou a negativa do seu grupo a apoiar a lei por ser un texto que pretende "encorsetar" a economía. O representante do BNG afirma que estos límites de gasto converten ao Goberno da Xunta en "mero espectador", máis preocupado de cumprir co obxectivo do déficit cero que de crear emprego e desenvolver os servizos públicos.

A socialista María José Caride explicou o "si" do seu partido á lei "por responsabilidade", aínda que lle afeou aos populares a tramitación por procedemento de urxencia, agoirando que non terá ningún tipo de impacto na presente lexislatura. Porén, a deputada do PsdeG laiouse de que a Xunta teña tanto interese e limitar o gasto da Administración mentres favorece a entrada do capital privado nos servizos públicos.

Retrucando a Caride, o popular Pedro Puy requiriu como se pode facer investimentos sen botar man da colaboración público-privada cando se está a defender un control do endebedamento. Escoitamos a Blanco, Caride e Puy nesa orde.

Institucional