A Xunta "cederá" un dispositivo que pertence á Unión Europea

A Xunta "cederá" un dispositivo que pertence á Unión Europea

09 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A deputada do PSdeG- PSOE, Marisol Soneira, criticou o 'afán de protagonismo' da conselleira de Mar, Rosa Quintana, por 'apropiarse' dun 'skimmer' de absorción de hidrocarburos da Axencia Europea de Seguridade Marítima (EMSA) que vai ser cedido para a loita contra a vertedura no Golfo de México. O episodio ao que alud


Por iso, o grupo parlamentario socialista presentou unha iniciativa parlamentaria para que a Xunta "clarifique a situación". Soneira indicou que "parece case infantil o afán do goberno galego por gañar un minuto de gloria a expensas de EMSA" e considera que "dá a sensación de que o mismísimo Obama chamou desesperado pedíndolle axuda" ao Executivo autonómico.

Pide o custo da axuda

A portavoz do PSdeG pide que a Xunta aclare a quen solicitaron axuda as autoridades norteamericanas e, cal das dúas entidades, EMSA ou o Executivo galego, tomou a decisión de enviar medios de apoio ao Golfo de México, e que custo ten esta axuda.

A deputada esixe tamén que o Goberno autonómico explique en sede parlamentaria cales son as obrigacións do buque da EMSA con base en Vigo coa Xunta, de quen depende funcionalmente e de quen é propiedade.

Sociedade