A Xunta concede 21 mil euros para o Lugo Cultural

A Xunta concede 21 mil euros para o Lugo Cultural

19 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Monforte

Asinouse esta mañá un convenio de colaboración entre a consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización de actividades culturais na cidade de Lugo durante o ano 2010. A Consellería concederá á Universidade a cantidade de 21 mil euros para a realización conxunta de actividades culturais, musicais, teatrais e cinematográficas, exposicións e demais accións culturais programadas ao a

Dentro da programación de ‘Lugo Cultural’, destaca a Semana de Benvida, que terá lugar en outubro e inclúe os eventos Músicas a carón da Mosqueira. Celebraranse concertos polos corredores, halls e cafeterías de todas as facultades para achegar ao público en xeral a música clásica. O ciclo de concertos Lubicán achegará a música feita por grupos galegos de diferentes estilos e con diferentes formacións. Tamén sobrancea o Festival Internacional de Teatro Universitario e do Encontro Universitario de Danza Contemporánea que potencia os espazos que existen na Universidade para que os alumnos poidan realizar diferentes expresións artísticas como teatro, cine, radio, danza, fotografía ou música.

No apartado de exposicións realizaranse,  en novembro, a presentación do catálogo do Maratón Fotográfico do Campus, e a súa respectiva exposición no centro da cidade para que toda a cidadanía poida achegarse máis ao pensar dos universitarios. En decembro destaca a presentación do novo disco do coro Solo Voces. Un traballo que dedican integramente á cidade de Lugo facendo unha panorámica da música vocal composta na provincia nos dous últimos séculos co que se pechará o ciclo Músicas a carón da Mosqueira.

Cultura