ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Galicia aplicará unha análise de 29 patoloxías no diagnóstico a recén nacidos, anunciou o Sergas, despois da polémica aberta cando asociacións de pacientes e pediatras denunciaron a súa intención de reducilas a unha ducia. A decisión do Sergas responde ás suxestións dos profesionais para o "deseño do programa de cribado de metabolopatías
A nota indica que incluirá outras vinte e dúas patoloxías e afirma que "a Consellería de Sanidade cumpre desta maneira co obxectivo de manter e mellorar o programa de cribado de metabolopatías neonatales para dar a mellor asistencia sanitaria aos seus pacientes, en traballo conxunto cos seus profesionais".
O pasado 24 de marzo tamén o sindicato CIG-Saúde denunciou que das corenta patoloxías incluidas en Galicia a nenos e nenas na denominada proba do talón, o Sergas pretendía rebaixar a menos dun terzo eses diagnósticos.
O sindicato subliñou que ademais das "sete de obrigado cumprimento" establecidas polo Ministerio, o Sergas pretendía limitar a "cinco máis" ese tipo de diagnósticos, e denunciou que na Consellería "prevalecen" os "criterios economicistas, que van en contra dos obxectivos irrenunciables dunha sanidade pública de calidade".
Dous días despois, o 26 de marzo, tras o Consello da Xunta, o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo e altos cargos do Sergas, aseguraron que as doenzas incluidas na citada proba se reducían para evitar un sobrediagnóstico. Negaron que a decisión tivera que ver con criterios económicos de aforro.