ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Sergas adxudicou un contrato por 11 millóns de euros con Cofely --empresa eixo da suposta trama corrupta que se investiga baixo a denominación de Operación Púnica-- en agosto de 2013, segundo desvelou este martes AGE, que denuncia que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, "mira para outro lado". "A corrupción, por máis que a propaganda de Núñez Feijóo afirme o contrario, é estr
Concretamente, Sánchez explicou que se trata de 11 millóns de euros consignados polo Sergas para subministración enerxética prestacional e mantemento e conservación de edificios e instalacións de centros sanitarios, con inclusión de servizos de redacción de proxectos, dirección facultativa de obras e coordinación de seguridade e saúde. Era cofinanciado pola Unión Europea a través do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.
O contrato publicouse o 3 de setembro de 2013 no Diario Oficial de Galicia. A este concurso presentáronse tres empresas, das cales unha foi excluída (Altair Enxeñaría e Aplicacións SA). Das outras dúas, Cofely gañou o concurso con 40,4 puntos e Ferroser, que non o obtivo, recibiu 27,51.
"PP MERGULLADO NUNHA TRAMA"
"Unha vez máis vemos como o Partido Popular de Galicia atópase mergullado no mesmo centro dunha trama corrupta", afirmou Sánchez, para engadir, a continuación, "igual que como xa ocorreu coa Gürtel". "E mentres, Feijóo mira para outro lado e non responde", agregou.
Sánchez estima que a actitude de Feijóo pode ter que ver con que "talvez sabe demasiado". Así as cousas, AGE avanzou que rexistrará iniciativas parlamentarias para que o PP explique na Cámara "cales son exactamente os seus vínculos coa última, seguramente non a final, trama de corrupción adherida e confundida co seu partido".