A Xunta de Galicia presentou Acción de Verán para a mocidade

A Xunta de Galicia presentou Acción de Verán para a mocidade

06 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en rolda de prensa a campaña da Xunta de Galicia “Acción de Verán”, que conta cun investimento de 3,5 millóns de euros e que creará 1.100 postos de traballo. A iniciativa oferta distintas alternativas de lecer e tempo libre para persoas desde os 9 ata os 35 anos. O prazo de inscrición ábrese o martes, logo de que o luns se publique a orde no DOG. A campaña inclue c

As actividades desenvolveranse ao longo de todo o territorio galego, e ademais incluirán intercambios con outras comunidades e tamén de carácter internacional. A campaña abrangue actividades das que se poden beneficiar mozos e mozas galegos desde os 9 ata os 35 anos. Así, a campaña inclúe os campamentos, dirixidos á participantes de entre 9 e 17 anos, ademais doutras actividades como campos de traballo ou estadías de multiaventura e deporte para os que xa cumpriron os 18, e ata os 35 anos.

Tanto en campamentos como actividades, a mocidade galega poderá facer –segundo as súas idades- vela, participar en xogos tradicionais, en actividades de expresión corporal, surf, escalada, equitación, kaiak ou realizar travesías en embarcacións tradicionais.O prazo para presentar as solicitudes remata o próximo día 23 de marzo, que se poderán presentar tano por escrito como por vía telemática. De feito, sortearanse prazas de balde entre aqueles que opten polo dixital para facer a súa inscrición na campaña.

A esta oferta hai que sumarlle que en Entrimo, durante a última quenda de agosto, se porá en marcha un campamento transfronteirizo “Gallaecia-Lusitania”, que creará un espazo lúdico de encontro entre mozos e mozas galegos e portugueses. A xuventude galega tamén poderá acceder a prazas en campos de traballo internacionais ou doutras comunidades autónomas.

Así, prévese que ao redor de 60 rapaces-as acudirán a actividades no estranxeiro, en países como Islandia, Marrocos, Corea do Sur, Turquía, Montenegro, Finlandia, Francia, Alemaña, e Xapón, entre outros. Outros 100 participantes colaborarán en campos de traballo doutras comunidades.

Sociedade