A Xunta de Galicia recibe á asociación Monte Pindo parque natural

A Xunta de Galicia recibe á asociación Monte Pindo parque natural

16 de Outubro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Xunta de Galicia recibirá a vindeira semana a unha representación da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Fontes do goberno autónomo confirmaron esa cita esta mesma mañá a directivos da entidade. Precisamente, este sábado 17 terá lugar o 5º Aniversario da Asociación Monte Pindo Parque Natural. Un completo programa con subida á moa, poesía, e unha merecida homenaxe a un persoeiro tan singular como o Olimpo Celta.

Pero a entidade quixo estender a loita pola consecución do distintivo a toda Galicia. E para iso levan semanas de chamadas polos concellos para conseguir un efecto tremendamente simbólico: que os monumentos das vilas máis singulares de Galicia se tiñan de verde, nunha chamada de atención á Xunta para que dunha vez se aveña á súa protección e desenvolvemento sostible.

Así, o Castelo de Vimianzo, a fonte de 4 Camiños da Coruña, a Muralla de Lugo, “O Artefacto” (a estatua da rotonda de Vila de Negreira) de Carballo, a Praza de Armas (e Casa do Concello) de Ferrol, e o Pazo de Raxoi (o Concello) de Santiago de Compostela, a Casa Consistorial de Pontevedra… lucirán unha iluminación nocturna verde.

Unha acción conxunta polo patrimonio natural galego.

Sociedade