A Xunta de Galicia recortará a proba do talón

A Xunta de Galicia recortará a proba do talón

05 de Abril, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

A Xunta de Galicia afirma non ter ainda claro se serán doce ou catorce as doenzas identificadas no programa de cribado neonatal. Na actualidade incluense na denominada proba do talón corenta enfermedades. Pediatras, sindicatos e asociacións de pacientes critican os recortes planeados pola administración galega.O SERGAS nega que exista motivación económica nesta medida e alega que trata de evitar un sobrediagnóstico.

A Asociación de Fenilcetonúricos de Galicia (ASFEGA) confía en que a comunidade non renuncie ao seu programa, referencia ata o momento para o conxunto do estado. En novembro, o Ministerio publicou no BOE a orde que define a carteira básica de servizos comúns do Sistema Nacional de Saúde (SNS), garantindo unicamente o cribado de sete trastornos. En tempo de recortes, o protocolo de mínimos definido polo Goberno, temen en Asfega, pode xustificar un retroceso nas coberturas do programa galego, que na actualidade identifica uns vinte trastornos obxectivo, e que, por diagnóstico diferencial, amplía a súa vixilancia até corenta patoloxías."Non hai razón obxectiva nen científica nen económica para reducir” indica asimesmo o catedrático de Pediatria da Universidade de Santiago José María Fraga Bermudez.

 

"Isto conlevará que estes nenos e nenas sexan diagnosticados cando teñen xa secuelas irreversibles, cunha calidade de vida peor para elas e eles e as súas familias, e cun peor prognóstico vital” afirman dende CIG-Saúde, que denuncian que a falta dun estudo que facilite a identificación precoz destas enfermidades (galactosemia, acidurias, entre outras), fará que os e as pacientes teñan que presentar síntomas e os e as pediatras sospeitar o diagnóstico para serlle solicitada a proba correspondente.

Sociedade