ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O antigo lazareto situado fronte a Redondela, no medio da Ría de Vigo, que fora posto en valor polo Goberno de PSdeG e BNG na Xunta como espazo para a recuperación da memoria histórica e despois máis orientado como escenario cultural e de debate pola Administración do PPdeG, perde a súa fundación xestora. O primeiro Consello de Goberno ordinario do novo Executivo presidido por Alberto Núñez Feijóo vén de decretar a súa supre
Francisco Javier Alonso era o director vixente da Fundación Illa de San Simón, que fora creada en 2007 polo bipartito para xestionar o patrimonio do enclave e dinamizalo con actividades. Se ben ao comezo abundaron os actos relacionados cun perfil reivindicativo da memoria histórica, sinalando o uso da illa como colonia penal por parte do réxime franquista, nos últimos tempos potenciouse o seu carácter de Illa do Pensamento. Ao respecto, aínda se pode ler na web institucional o seguinte: "Que mellor homenaxe ao pasado da Illa de San Simón, coas súas conquistas e as súas desgrazas, os seus episodios máis gloriosos e máis amargos, que convertela nun lugar de pensamento libre? Do tributo á memoria parte o proxecto Illa do Pensamento, nunha singradura que xa non só sulca o vello océano, senón que discorre polas autoestradas da información, transmitindo ao mundo a corrente do pensamento atlántico e recibindo del todo o combustible necesario para propulsar o potencial artístico e creativo que ten cabida neste arquipélago".