A Xunta do paro

A Xunta do paro

17 de Abril, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Galicia supera hoxe en 3,5 puntos a taxa de paro do 2009 e conta con 43.000 afiliados menos a Seguridade Social. O presidente Núñez Feijóo prometeu na campaña electoral de hai dous anos "solucionar o paro en 45 dias", pero pasamos de ser a autonomía con menor incremento do desemprego (25 puntos por debaixo da media do estado) a ocupar o posto número 13 e superar en 1,4 puntos a media estatal. Ese é o balance de 2 anos do goberno da Xunta, para os ca

O portavoz do grupo parlamentario do BNG Carlos Aymerich agoira novos recortes e endurecementos da vida dos galegos e galegas. Aymerich lamentou que, máis unha vez, o centro da política da Xunta sexa combater o défice e non enviar mensaxes ou dar algunha esperanza aos desempregados, aos milleiros de persoas que están por debaixo do limiar da pobreza e a todos os colectivos que, en definitiva, están a sofrer as consecuencias da crise. 

O portavoz parlamentar engadiu que no pasado debate da autonomía houbo “ausencias clamorosas”, en referencia a que no houbo ningunha alusión ás mulleres, salvo cando falou da Lei de Familia, “que máis que recoller ás mulleres como suxeitos de dereito recolle o seu tradicional de nais e amas de casa”, nin á xente nova nin á lingua, “debe ser a primeira vez que un presidente da Xunta neste debate non fai nin unha soa referencia a un dos nosos sinais de identidade máis importantes”. 

Sobre os chamamentos de Feijóo, logo de dous anos de lexislatura, ao consenso e á necesidade de chegar a acordos e dicir a verdade, Aymerich preguntouse “que estivo facendo, entón, durante todo este tempo” e lembrou que o BNG fixo unha oposición dura pero tamén de man tendida para defender os intereses deste País e para buscar, cando Galiza o precisaba, posicións comúns, como no caso do carbón, “pero cando Feijóo di agora que é necesaria esa posición común, logo de que o seu partido votou si en Madrid, que acordo quere en Galiza”.  

E o mesmo sobre o financiamento, engadiu, “cando asina un modelo de financiamento negativo para Galiza, que acordo quere”?, e sobre as Caixas, engadiu, agora di que quere un acordo cando o decreto obedece a un pacto entre PP e PSOE e cando os deputados galegos do PP non se opuxeron en Madrid ao decreto da bancarización. 

Nestes momentos, engadiu, xa non é tempo de acordos, é tempo de que o goberno goberne, “que Feijóo, logo de dous anos, se poña a traballar e nós sigamos facendo oposición para construir a alternativa que este País precisa”.

Institucional