ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Secretaría Xeral de Igualdade e o Instituto de Medicamento Legal de Galicia (Imelga) colaborarán na realización dun estudo que, ao longo dun ano, tentará determinar os aspectos psicosociais da personalidade dos agresores de violencia machista, co fin de mellorar e adoptar novas estratexias de prevención e protección das vítimas. Así o recolle un convenio que subscribiron o con
O obxectivo deste estudo experimental e “pioneiro” en España é, segundo resumiu Rueda, “coñecer mellor ao agresor para protexer mellor á vítima”. Para iso, profundarase no coñecemento das características xenéricas dos maltratadores -onde agriden ou que tipo de violencia exercen, por exemplo-, así como a análise de actuación das mulleres agredidas.
López Abella e Carlos Varela explicaron que todo iso permitirá profundar na casuística que se dá en Galicia e, deste xeito, planificar novas estratexias de prevención e intervención, ademais de adoptar medidas para mellorar a seguridade das vítimas e planificar programas de reeducación para os agresores.
O persoal das unidades psicosociais do Imelga será o encargado da recollida de datos mediante, entre outros recursos, entrevistas voluntarias, e tamén da posterior análise. Finalizada a compilación de todos os datos do estudo, presentarase unha memoria final.