A Xunta recorta entre un 70 e un 80% o orzamento do Plan Concertado de políticas sociais municipais

A Xunta recorta entre un 70 e un 80% o orzamento do Plan Concertado de políticas sociais municipais

27 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

O Plan Concertado para o desenvolvemento de políticas sociais municipais da Xunta recibiu hoxe as críticas de nacionalistas e socialistas. O Bloque instou á Xunta a deixar “sen efecto” os recortes que nel se recollen e que cifrou por riba do “70%”. Ademais, incidiu en que esta diminución de fondos aos concellos faise “a traizón”, ao non respectar a previsión realizada pola Consellaría de Traballo e Benestar. O líder

O PSdeG vai aínda máis lonxe que o BNG e fala dun recorte nos servizos sociais do “80%” no Plan Concertado de políticas sociais municipais. Por iso, anuncia que presentará mocións en todos os concellos e no propio Parlamento de Galicia para esixir á Xunta que “dea marcha atrás”. Xunto con iso, os alcaldes socialistas van realizar “as accións legais oportunas” contra a resolución que, ao xuízo do PSdeG, “vulnera” a legalidade e a regulamentación do Plan Concertado. A secretaria de Política Social dos socialista, Beatriz Sestayo, concluíu que o “drástico recorte” comunicado o pasado luns aos municipios supón “a sentenza de morte” ás políticas sociais locais.

Institucional