ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Xunta de Galicia recorta os recursos destinados á valoración das persoas dependentes, segundo denuncia o Sindicato Labrego Galego. A porcentaxe de grandes dependentes na nosa comunidade é superior á media do Estado: 9 puntos por riba nos graos III e un punto e medio nos II. Porén, de cada cen persoas potencialmente dependentes na Galiza só 18 a solicitan, a cifra máis baixa de todo o territorio español. Esta eiva na atención pública a persoas vulnerábeis está relacionada ca escaseza e precariedade de medios humanos -sendo ademais un traballo marcadamente feminizado-, o favorecemento da privatización de instalacións e recursos, así como as continuas modificacións na normativa da Consellaría de Política Social e Igualdade.
Unha vez aprobados os servizos -proceso que se dilata durante meses- a media de agarda para recibilos é de máis dun ano. Ao tratarse precisamente estas usuarias -e as súas coidadoras- de persoas ás que literalmente se lles vai a vida na consecución destas axudas e servizos para ter un día a día minimamente digno, segundo datos do Instituto de Maiores e Servizos Sociais estes retrasos provocaron que entre xaneiro e outubro de 2024 máis de trescentas galegas e galegos morreran mentras estaban na lista de agarda.
A vogal do Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) no Consello Galego de Benestar Social, Margarida Prieto Ledo, ilustra esta realidade: “No medio rural temos unha alta taxa de poboación maior, polo que é un territorio especialmente afectado por este abandono institucional. Un dos moitos casos que estamos seguindo no SLG é o de Heriberto e Modesta, de 98 e 95 anos respectivamente. A súa solicitude cursouse en decembro do 2023, foron valorados en agosto do 2024. Heriberto faleceu o pasado 8 de outubro. Modesta a día de hoxe non ten ningunha notificación con respecto á súa solicitude. Precisamente logo de anos de denuncias por parte das asociacións e persoas usuarias -ratificadas pola Valedora do Pobo-, nas que alertabamos dos déficits na aplicación da Lei de Dependencia, a finais do 2023 asistimos aos grandes anuncios por parte da Xunta e Política Social dun plan que ía reducir á metade as listas de agarda e o famosos 5.000 euros do Bono Cuidado. Naquel momento moitos colectivos alertamos de que estes anuncios tratábanse de propaganda e denunciamos a crecente privatización dos servizos. Os datos destes últimos meses dannos a razón, confirmando por exemplo a redución da asignación ao Servizo de Axuda no Fogar (SAF) -de carácter público- a favor das axudas e prestacións vinculadas para pagar servizos privados cando che denegan ou estás á espera do público”.
Publica o teu comentario agora