A Xunta suspende

A Xunta suspende
17 de Xuño, 2026 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Suspenso para a Xunta en Fene. A Consellería de Educación mantén en condicións lamentables o IES de Fene malia as constantes queixas da comunidade educativa. Falamos do tema con Iria García, da ANPA, e con Fernando Fesnillo, un dos profesores  que participa nos Martes Negros do instituto. 

ESCOITA O PODCAST:

“Case acabaríamos antes falando dos problemas que non hai”, destaca o profesor Fernando Fesnillo. Sinala que no edificio C ten unhas fendas notables que se ven desde fóra, ademais “os alfeizares eran de madeira e xa non hai, están apodrecidos, caeu auga enriba dunhas tomas de correntes, duns enchufes, no inverno había que poñer dous deshumidificadores, un radiador e un split, para ter unha temperatura soportable durante as clases”, relata. 

Tamén a ANPA sinala as grandes deficiencias que ten o edificio e pide a intervención dunha vez da administración educativa. “Dende a dirección do centro esgotaron todos os pasos, o Concello tamén se moveu e a resposta desde a Consellería nada”, explica Iria García. Por iso teñen en marcha unha campaña de recollida de sinaturas. Agradecen a gran colaboración por parte dos establecementos comerciais de Fene e animan á veciñanza a participar nunha concentración este mércores, ás 16 horas, diante da Delegación da Xunta en Ferrol onde presentarán as sinaturas recollidas.  

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora