ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Falta un mes para a celebración da XIV Xuntanza de Palilleiras de San Valentín, en Fene. O ano pasado a xuntanza contou con 800 participantes, unha cifra difícil de superar nesta edición.
Celébrase o ultimo sabado de abril, o 25. Desfiles de modelos lucindo roupa das tendas de Fene e da comarca, exposicións de artesanía e as palilleiras traballando en directo son os encantos desta Xuntanza que cumple xa 14 anos.
A coordenadora, e presidenta do CPS de San Valentín, Pilar Freijomil anunciouna esta mañán en radiofusión, recalcando a gran solidaridade veciñal co evento que se convertiu en todo un símbolo para o barrio fenés. As palilleiras proveñen de moitos puntos de Galicia, tamén de Asturias, Madrid, Castela e León. Sorteos entre o público e agasallos ás participantes pecharán a Xuntanza. Xa falando do CPS, a presidenta Pilar Freijomil, afirma que goza de boa saúde pero teñen unha teima, conseguir resucitar o apartado deportivo da entidade. Antes contaron con equipos de futbol sala que desapareceron. O pior é que os actuais directivos están cansos e todos, en conxunto, decidiron abandonar o barco o 1º de xullo, cando remate o curso escolar. A decisión está tomada e é irrevocable, segundo Freijomil.
Os socios e socias, uns 260, están convocados a unha asamblea o dia 2 de abril, ás 6 da tarde para abordar este tema.