ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Campo da Barreira de Allariz acolle durante esta fin de semana o tradicional Campionato de billarda na categoría sénior. Esta actividade enmárcase no programa da Festa da empanada que arrinca hoxe na vila alaricana. Ano tras ano, desde 1971, ensálzase este prato típico galego á beira do río Arnoia.
Co inicio da Festa da empanada comenzan outras actividades que se converteron, nunha tradición do verán alaricano, como o Campionato de billarda. Os participantes das categorias xuvenil e infantil foron os primeiros en competir, onte xoves, no Campo da Barreira e o sábado a partir das 9:00 h, no mesmo emprazamento, será o turno da categoría sénior. Cada parella deberá levar pao e billarda o día da competición e estar inscrita segundo as normas.