Xurado internacional de expertos

Xurado internacional de expertos
22 de Xaneiro, 2026 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

A obra As Mouras do artista Wedo Goas, creada no marco do Perla mural fest 2025 en Fene, foi nomeada a mellor mural do mundo pola plataforma Street Art Cities. Trátase do terceiro nomeamento consecutivo do festival. Vai na categoría Expert Spotlight na que non hai votación popular, senón unha selección e votación privada dun xurado internacional de expertos. A nominación consolida a Fene no mapa internacional do muralismo contemporáneo.

Fotografía Xan Xe

Wedo Goás (Edgar Goás Blanco. 1990. A Coruña) comezou a súa carreira como muralista en 2017. Pintou na Nau Bostik e no festival Osona Art i Mur en Prats de Lluçanés. Estudou gravado e ilustración nas escolas Ramón Falcón de Lugo e Pablo Picasso da Coruña. Licenciouse na Universidade de Barcelona en 2017. 

 

Mural As Mouras en Perlío.

Fotografía Xan Xe

Cultura

Publica o teu comentario agora