Xurde Anova Irmandade Nacionalista

Xurde Anova Irmandade Nacionalista

14 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

"A mobilización da cidadanía é a que pode romper con toda esta morralla que nos esmaga" manifestou Xosé Manuel Beiras no acto de constitución de "Anova Irmandade Nacionalista". A asemblea elexiu ese nome nunhas sesións que comezaron a primeira hora da mañá no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela.

Sobre o liderazgo do novo proxecto, Xosé Manuel Beiras incidiu en que "o referente ten que ser colectivo", polo que os roles individuais "si, pero simplemente como complemento".

   Desta maneira, avogou por que "sobre todo, que emerxa unha pléiade de líderes, de homes e mulleres que teñen que ser unha substitución", e defendeu que este grupo se constitúe "máis como un movemento que como un partido", de maneira que a "política institucional non é o centro".

   En todo caso, e aínda que "sen desdeñar para nada a relevancia de ir ao combate electoral", proclamou: "A mobilización da cidadanía é a que pode romper con toda esta morralla que nos esmaga".

   Respecto diso de futuras vías de confluencias, e en concreto con Compromiso por Galicia, Beiras remarcou que, como até agora, "están as portas abertas para atraer á cidadanía como individuo ou como colectivo".

CONSTITUCIÓN PROXECTO

   O histórico dirixente nacionalista, que contribuíu a fundar o BNG que deixou en meses pasados despois da asemblea da formación frontista celebrada en Amio, destacou que este sábado quedará creada unha asemblea "para un proxecto común", o cal, augurou, terminará "ben" porque foi "moi fluído, arrincando" desde unha diversidade.

   De feito, chamou a atención sobre a constitución de numerosas asembleas de base e, con posterioridade, a reunión de delegados que permitiu constituír unha coordinadora de asembleas. Desde entón, afirmou, funcionou "como a seda".

   Doutra banda, e sobre a marcha do independentismo de Causa Galiza, que este venres anunciou que non participaría na asemblea constituínte, Beiras enmarcouno en que o proceso foi "moi aberto" e finalmente cada individuo ou grupo puido ver se "encaixaba ou non encaixaba", algo que o propio líder do Encontro Irmandiño defendera durante a construción do proxecto. En todo caso, deixou a porta aberta a que entre máis adiante.

Sociedade