ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pescada e xurelo foron as especies máis abundantes na última poxa rexistrada na confraría de pescadores de Cedeira. Na lonxa da Coruña houbo moito lirio, pero tamén saiu pescada, xurelo, boga, rapantes, escachos e faneca nestes calurosos dias de finais de febreiro. Xa en menos cantidade houbo polbo e raia. O prezo máximo do quilo de xurelo na Coruña non chegou aos dous euros.
O xurelo é a “lagosta do pobre” e non o aprecia quen non o coñece ben, segundo afirma Fausto Galdo no Abecedario das mantenzas. Peixe azul, cheo de graxas das boas, das poliinsaturadas, que achegan saúde e compensan as desfeitas que nos fan outras de orixe animal. Pódense comer os xurelos pequenos fritidos, abertos e salgados ou grandes ao forno. A xurela, ou o xurelo grande, é o grande descubrimento da nova cociña galega.
Publica o teu comentario agora