Xurxo Paz: Non queremos celebracións litúrxicas

Xurxo Paz: Non queremos celebracións litúrxicas

06 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

"Que non sexan actos litúrxicos, dun recoñecemento valeiro, senón reivindicar o seu tempo, contextualizar o seu pensamento, as razóns que o levaron ao exilio e as circunstancias que rodearon a traída dos seus restos" afirma o representante do local social Aturuxo de Boiro, Xurxo Paz, diante do cabodano da morte de Castelao. Os actos conmemorativos celebraránse este venres 7 de xaneiro en Rianxo e Boiro.

"Todo o mundo abrázase a Castelao, pero esquécese e ocúltase o que dixo" sinala Xurxo Paz, lembrando que o Aturuxo leva 4 anos lembrando a figura do rianxeiro. Este venres ás 7 da tarde celebraráse unha ofrenda no porto de Rianxo, seguida da lectura dun manifesto. As 21,30 serviráse unha cea no local social de Boiro, na que actuarán Mini e Mero, e leran poemas membros das Redes Escarlata. As persoas interesadas poden solicitar máis información e formular a oportuna reserva na web de Aturuxo.

Sociedade