Xusta mestura entre a angustia existencial e festa desenfreada

Xusta mestura entre a angustia existencial e festa desenfreada
19 de Xullo, 2024 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Así presenta Nuno Pico, “alma máter” de Grande Amore o seu proxecto musical, como unha xusta mestura entre a angustia existencial e a festa desenfreada, “pode que un pouco máis da angustia que de festa”, aclara, pero as dúas camiñan da man. 

ESCOITA O PODCAST:

Grande Amore naceu como o proxecto en solitario de Nuno Pico, pero a incorporación de María Grep e Clara Redondo consolidou un grupo cunha proposta que mestura as influencias máis primitivas do rock e o punk co techno e a electrónica, conseguindo un son moi particular que os fai únicos.

Nun momento álxido para a música electrónica galega e cunha grande atención por parte do público o panorama deste estilo musical ten cada vez máis propostas e ademais máis atrevidas o grupo editou o seu segundo álbum de estudio, “II”, no 2023, cando Nuno actuaba en solitario. A incorporación de María Grep e Clara Redondo veu a darlle un novo xiro á proposta facendo súas as pezas de Nuno.  

Os tres están a crear un son propio, seguramente porque non teñen medo a arriscar e probar. Como existencialistas confesos, a condición humana, a liberdade, a responsabilidade individual, as emocións, e o significado da vida están a marcar a súa produción, cos cambios, voltas e reviravoltas que iso lles impoña. Quen dixo medo!!.

Fotografía: XanXe

Cultura

Publica o teu comentario agora