ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A xustiza deportiva en entre dito. Provocou controversia internacional a sanción a tres meses ao tenista Sinner cando a patinadora española Barquero foi sancionada a seis anos polo mesmo motivo o que a levou a renunciar á súa carreira deportiva. Falamos do tema esta semana co psicólogo e adestrador físico José Barcia Tuccelli.
A Axencia Mundial Antidopaxe di que se a patinadora española non estaba de acordo coa sanción puido apelar, pero apelar non é barato, como sinala Barcia Tuccelli. “Comentárono nestes dias deportistas femininas, non podemos manter un proceso como un deportista do nivel de Sinner e non estamos valorando que un sexa máis limpo que outro”.
Casos coma estes nos que basta o contacto coa substancia para dar positivo, sen consumir nada que mellore o rendemento, produce indefensión e ansiedade nalgúns deportistas. Para afrontar o medo, Barcia Tuccelli sinala que primeiro hai que recoñecer que padecemos esa emoción. E despois enfrontarse ás circunstancias que nos frean para poder superalas.
Publica o teu comentario agora