A xustiza investiga as adxudicacións do PP no Concello de Santiago

A xustiza investiga as adxudicacións do PP no Concello de Santiago

20 de Maio, 2016 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

A titular do Xulgado número 1 de Lugo, Pilar de Lara, deu orde para ampliar as investigacións relativas ao goberno do PP que na época na que Gerardo Conde Roia presidiu o goberno local do Concello de Santiago, por mor dun novo informe de Vixilancia Aduaneira de data do 10 de maio deste ano. A xuíza asinou unha providencia o día 16 na que pide aclarar as adxudicacións obtidas pola empresa Unika "e a súa relación coas conversacións inves

A xuíza estuda actuacións "presuntamente delituosas levadas a cabo por funcionarios e/ou autoridades do Concello de Santiago". Estas condutas, conclúe Aduanas, "leváronse a cabo a través de Ángel Espadas", quen foi o xefe de gabinete de Gerardo Conde Roa e quen caeu da lista electoral para as municipais debido a que foi cazado ebrio e dormido ao volante do seu vehículo nun semáforo. Vixilancia Aduaneira tamén vincula con estas presuntas prácticas a Albino Vázquez, que foi concelleiro (detivérono nesta operación e presentou a súa dimisión) e "en menor medida" sinala a un promotor de espectáculos (investigado nesta operación) e ao xefe da entón Aquagest.

Aduanas tamén apunta que a figura do 'conseguidor', "ou como os propios responsables das empresas denominan 'o abrelatas', é de vital importancia neste proceso de contratación pública e, loxicamente, na contratación privada". Os investigadores sosteñen que xa se sabía que Espadas exercía este labor no ámbito da Comunidade galega" e "moi especialmente, no municipio de Santiago". Na investigación hai varias chamadas de teléfono nas que Espadas di que "estivo" con Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia da Xunta, e tamén con Agustín Hernández, daquela conselleiro de Medio Ambiente e logo alcalde de Santiago. Cando lle preguntaron a Feijóo por isto dixo que a Xustiza debe investigar a fondo, e lembrou que tamén onte houbo actuación xudicial na Deputación de Lugo, aínda que confundiu a operación Polbo coa Pokémon.

Sociedade