ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A asistencia xurídica gratuíta garante que poidamos facer valer os nosos dereitos aínda que non teñamos cartos para pagar os servizos dun avogado. Explicou o funcionamento deste recurso a asesora xurídica dos servizos sociais do Concello de Fene, Susana Martínez Galdos.

O único requisito para acceder a ela é económico, gañar menos de 1.200 euros netos ao mes. As mulleres vítimas de violencia de xénero teñen dereito todas á asistencia xurídica gratuíta. Nos servizos sociais do Concello de Fene asesoran ás persoas que poden necesitar de apoio xurídico de como acceder a este recurso. Para obter asistencia xurídica gratuíta hai que presentar unha solicitude nas dependencias do Colexio de Avogados dos Xulgados de Ferrol. O trámite é moi sinxelo e dá cobertura a todo tipo de procementos legais, explicou a asesora xurídica dos servizos sociais do Concello de Fene Susana Martínez Galdos.
Publica o teu comentario agora