A xustiza pola man

A xustiza pola man
22 de Outubro, 2022 - 09:17 h. | Publicada por Radio Fene

O poema de Rosalía de Castro "A xustiza pola man" serviu de base a Óscar Fojo para interpretar a súa canción no acto de presentación do pódcast "Lobos doentes" celebrado na tarde noite de onte no Círculo Mercantil e Industrial Unidade de Fene. Tamén Eugenia Sanmartín tocou outro tema nun evento no que se trasladaron á cidadanía asistente, fragmentos do programa que se poderá escoitar proximamente na rede de Radiofusión. Son Radiofusión produciu a iniciativa contando coa colaboración da Deputación de A Coruña. 

Fotografía: Xan Xe

O grupo "Merlín e familia" encargouse de trasladar ás ondas o guión elaborado por Antonio Tizón a partir da novela que publicará Xerais en xaneiro de 2023. O escritor utiliza de novo o xénero da novela negra. Ao pé da Torre de Hércules aparece o cadáver dun home que agocha na chaqueta o logotipo dunha bandeira rusa. Ese será o primeiro dunha serie de crimes que remiten a diferentes autorías. Afondase na temática recorrente da vinganza, enlazada co 11-M como marco histórico para incidir na impunidade do poder. Antón Ramos encargouse da banda sonora orixinal.

 

 

Algúns dos actores e actrices participantes en "Lobos doentes".

CMI Unidade de Fene. 21 de novembro de 2022.

Fotografía: Xan Xe

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora