A xustiza ten xénero feminino

A xustiza ten xénero feminino
01 de Decembro, 2020 - 12:56 h. | Publicada por Radio Fene

As mulleres están máis resgardadas pola xustiza que nunca. Actualmente, a situación é bastante favorable para elas xa que a lexislación cambiou moito ao largo destes anos para garantir a súa seguridade, segundo explica a avogada Rocío Bértoa.

ESCOITA O PODCAST:
Rocío Bértoa. Avogada

Ademais do 016 e da Casa da Muller, organismos gratuítos e de anónimos para axudar nos casos de malos tratos, a letrada fala da importancia dos corpos policiais, do corpo xurídico e das testemuñas. Estas últimas especialmente importantes xa que, no caso de presenciar un caso de violencia, poden presentar a denuncia para axudar á vítima.

Como recalca Bértoa, o sistema xudicial do país recolle que todos son inocentes ata que se demostra o contrario pero, dende o primeiro momento que se presenta a denuncia da “presunta vítima”, o acollemento polos servizo públicos é do cen por cen. O principio básico para a actuación é a protección da denunciante.

Dende o acompañamento ao centro médico, o apoio durante a declaración, ou a volta á casa, que en moitas ocasións é o máis duro porque o agresor pode residir no mesmo domicilio, o acompañamento é continuo. Nas relacións interpersoais, a violencia de xénero é máis común do que pensamos.

Nese momento o papel do letrado é fundamental, como asesor e ás veces como o único escape que ten a vítima para poder contar a verdade.

Sociedade

Publica o teu comentario agora