Xusto empate nos Pinares do Olímpico de Rutis

Xusto empate nos Pinares do Olímpico de Rutis

15 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por

Reparto de puntos nos Pinares. Cun empate a 1 tanto, finalizou o partido entre o Perlío e o Olímpico de Rutis, correspondente á xornada 18 da Primeira Autonómica de fútbol. Para o adestrador local Gonzalo Beceiro, o resultado foi xusto para o xogo desplegado polos dous equipos.

Non foi un encontro moi vistoso xa que os dous conxuntos intentaron balóns directos con chegadas ao área, sen pasar polo centro do campo. O Perlío adiantouse no marcador cun tanto de Varela. No minuto 20 da segunda parte, o Olímpico logrou empatar. Despois, ningún dos dous acertou diante da portería contraria.

Alineación do Perlío:
Oscar, Alvaro, Varela, Aitor, Quique, Durán, Isma, Nacho, Alex Pita, Ramón e Maroño.
Tamén xogaron: Santi, Raul e Iñaki.

Deportes