Xuvenil de Fene

Xuvenil de Fene
07 de Maio, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Na autobiografía que Alexandre Marín acaba de publicar sobre o seu pai, Xaquín, atopamos un amplo repaso á súa grande obra artística pero tamén descubrimos a súa faceta como xogador de fútbol. Escoita as súas verbas no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

Xaquín Marín xogaba de porteiro. Gustáballe moito o fútbol mais o seu fillo lembra que este deporte non era o seu punto forte. “A nós nos tivo enganados toda a vida dicindo que xogaba moi ben pero despois, ao velo xogar, xa se descubría que non. É moi curioso pero nas visitas guiadas que fixen case sempre había alguén que acababa contándome que xogara ao fútbol co meu pai no campeiro da Fonte do Campo e todos me dicían que non xogaba moi ben”, explica Alexandre entre sorrisos e agarimo. O seu pai non está totalmente dacordo e lembra unha das súas maiores xestas como gardameta. “Tiñamos un equipo que se chamaba Xuvenil de Fene, mercamos as camisetas e pagabamos unha cota tódolos meses. Xogabamos contra equipos de por aquí: o Regüela, o Neda... Eses eran os grandes enfrontamentos. No Regüela xogaba Kubala, non o auténtico, ao que lle parei un penalti no campo da feira de Fene, así que mira se era bo”, bromea en Radiofusión o creador do Museo do Humor de Fene.

Na imaxe, Xaquín e Alexandre Marín, Henrique Sanfíz, Elvira Álvarez e Susana Falcón.

Fotografía: Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora